PROFESORES NATIVOS DE
ESTADOS UNIDOS, AUSTRALIA,
CHINA, ALEMAÑA E FRANCIA
ENSINAN IDIOMAS EN GALICIA
Os centros educativos contarán con 361 nativos para ensinar idiomas, sobre todo o inglés. O ano pasado habia un cento menos
Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación
Máis de 40.800 estudantes e profesores galegos poderán mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras no curso 2011/2012 a través das ensinanzas impartidas nos colexios integrados na Rede Galega de Centros Plurilingües e nas seccións bilingües.
Así o explicou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, nunha rolda de prensa na que presentou as novidades relativas a estas dúas liñas de actuación, enmarcadas na estratexia de fomento do plurilingüismo que está a desenvolver a Xunta de Galicia co Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.
O conselleiro salientou a gran acollida que ambas actuacións – centros plurilingües e seccións bilingües- están a ter entre a comunidade educativa galega. Neste sentido destacou que, se ben as previsións para o 2011/2012 eran de chegar aos 100 centros integrados na Rede de Plurilingües e ás 1.600 seccións, o gran éxito das convocatorias fixo que se superaran estas cifras.
Así, este vindeiro curso haberá 110 centros plurilingües, 52 máis que no 2010/2011; e 1.863 seccións bilingües, 344 novas respecto do curso anterior. Con estas iniciativas, máis de 40.800 estudantes e profesores beneficiaranse dun ensino plurilingüe, o que supón superar as previsións anunciadas inicialmente para o Plan, polas que se estimaba que 40.000 galegas e galegos terían mellorado as súas competencias en outros idiomas ao final da lexislatura.
Centros e seccións
Tal e como explicou Vázquez Abad, o vindeiro curso 7.371 alumnos e 165 profesores participarán a diario das actividades de mellora das competencias en linguas estranxeiras desenvolvidas na Rede Galega de Centros Plurilingües, o que supón un incremento moi significativo respecto dos 2.525 estudantes e 87 docentes que o fixeron o curso pasado. Ademais, o conselleiro destacou o forte incremento rexistrado no que vai de lexislatura no que toca ás seccións bilingües. “No curso 2011/2012 o número de seccións bilingües nos centros educativos galegos será un 159 % superior ás que había ao inicio da lexislatura, ou o que é o mesmo, vimos de multiplicalas case por 2,6”, dixo. Desta forma, a partires de setembro, 32.578 estudantes e 748 docentes adquirirán novas competencias en linguas estranxeiras nas 1.863 seccións bilingües que funcionarán nos colexios e institutos da Comunidade Autónoma.
Apoio nativo
Por outra banda, Vázquez Abad destacou a incorporación de auxiliares de conversa aos centros que participan no Plan como "unha das medidas mellor valoradas pola comunidade educativa galega". "Por iso -explicou- a Consellería de Educación está a facer un importante esforzo para incrementar este apoio". Así, o vindeiro curso increméntase o número de auxiliares nun 30 % respecto do curso anterior, ata chegar aos 339, que desenvolverán o seu labor nos centros plurilingües públicos de Galicia, nas seccións bilingües e nas Escolas Oficiais de Idiomas.
Ademais, os centros plurilingües do rural volverán ter neste vindeiro ano académico o apoio de 18 mestres xubilados que desempeñan nestes colexios e institutos a función de apoio á aprendizaxe, fundamentalmente, do inglés.
Nesta mesma liña o conselleiro fixo fincapé en dúas novidades para o 2011/2012. Así, anunciou a incorporación de 3 profesores estadounidenses visitantes, que prestarán o seu apoio ao ensino do inglés en centros educativos galegos durante todo o ano académico. “Así mesmo -engadiu- disporemos de 1 profesor de lingua francesa a tempo completo, froito do convenio de colaboración entre a Consellería e a Academie de Amiens”.
“Deste xeito, e tendo en conta os auxiliares, os sénior e as devanditas colaboracións, no curso 2011/2012 serán 361 as persoas nativas que colaboren nos centros de ensino de Galicia para que tanto o alumnado como o profesorado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras, un 438 % máis das que había ao inicio da lexislatura”, destacou Vázquez Abad.
O Conselleiro Xesús Vázquez Abad
Impulso no rural
Ademais da oportunidade que para os centros plurilingües do rural galego supón poder dispoñer do apoio dos mestres sénior nativos, o conselleiro fixo fincapé no importante incremento do programa de Cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras (CUALE). Así, no curso 2010/2011 increméntase nun 22,3% o número de alumnas e alumnos atendidos polo CUALE, un programa que ten como obxectivo formar ao alumnado, de forma gratuíta, para que poidan superar as probas para obter a certificación en idiomas outorgada polas Escolas Oficiais de Idiomas.
“A importancia deste programa radica principalmente en que se ofrecen clases preparatorias para a obtención de certificados oficiais a aqueles estudantes que, por vivir en zonas do rural, non teñen un fácil acceso ás Escolas Oficiais de Idiomas”, explicou o conselleiro.
Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou entre os principios fundamentais que guían as actuacións do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras a formación de todas as galegas e galegos para a mellora das súas competencias en outros idiomas, independentemente do seu lugar de residencia e dos seus recursos económicos.
“Non podemos esquecer que o coñecemento de idiomas é cada vez máis imprescindible para participar na sociedade dos noso días, tanto desde o punto de vista persoal, como do académico e profesional”, lembrou o conselleiro, Xesús Vázquez Abad.
Galicia, no bo camiño
Esta semana, o diario compostelán EL CORREO GALLEGO referiuse a este tema nun editorial, no que salientou a importancia de plans coma este que está a levar a cabo a Conselleria de Educación:
A pesar de que el siglo XXI coge cada vez más velocidad, todavía hay miles de jóvenes gallegos que, aún teniendo formación suficiente como para ganarse la vida fuera de nuestras fronteras (a la espera de que el final de la crisis abra nuevos horizontes en el mercado laboral patrio), no lo hacen por su incapacidad de desenvolverse al margen de su lengua materna. Esta grave situación, derivada de las carencias educativas para el aprendizaje de nuevos idiomas que nuestro país arrastra desde hace décadas, va camino de dar un giro en Galicia, donde la red de centros plurilingües avanza viento en popa a toda vela, sobrepasando con creces el centenar. En el curso que está a punto de empezar serán 7.400 estudiantes de toda Galicia los que recibirán hasta el 33% del horario escolar en una lengua extranjera en 110 colegios e institutos, 52 más que en el ejercicio anterior, cuando esta modalidad debutó con apenas 2.525 alumnos. Todo ello, apoyado con personal nativo, que tampoco deja de crecer. Y es que si algo está enseñando a toda la sociedad el agujero negro en el que la economía lleva instalado más de cuatro años es que en un mundo global las expectativas de vida, y por su puesto, las laborales, también hay que plantearlas de una manera abierta y más allá de las fronteras regionales o nacionales. Por ello, bienvenido sea el esfuerzo de las administraciones por avanzar en el plurilingüismo a pesar de las limitaciones económicas, pues hay inversiones en las que no se puede escatimar. Ese es el buen camino.
EL CORREO GALLEGO, 01-09-2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario