O PUEBLA F.C. MEXICANO
TAMÉN LEVA A FRANXA AZUL
Creado en 1915 e reformado en 1944, que é cando se converte nun equipo profesional, o Fútbol Club Puebla é un conxunto que participa na Primeira División de México e leva a bandeira galega nas súas camisetas. Entre as suas filas figura agora mesmo o futbolista español Luis Garcia, que xogou no Barcelona e mesmo foi campión co Liverpool.
Camiseta desta tempada, co anagrama da Volkswagen
Os fundadores do equipo foron Joaquin Díaz Loredo e Alfonso Sobero, destacados empresarios textiles da época, que, segundo se di, quixeron que o seu equipo levase un uniforme parecido ó do River Plate arxentino, ainda que matizaron que a banda debería ser azul e non bermella, porque é a cor da cidade, e que se trazara ó revés que o equipo de Bos Aires, é dicir, igual que a bandeira de Galicia.
Puebla é unha cidade histórica e industrial que conta con dous millóns de habitantes na súa área metropolitana. Situada a dous mil metros sobre o nivel do mar, entre a capital mexicana e o porto de Veracruz, foi fundada no 1531 como Puebla de Ángeles e construida de acordo cos plans do bispo Julian Garcés. A lenda di que foron os anxos os que guiaron ó bispo na selección da ubicación da cidade.
A equipación completa da presente tempada
Aquí faleceu, o 25 de febreiro de 1600, o Beato Sebastián de Aparicio, un frade franciscano nado na Gudiña o 20 de xaneiro de 1502. O seu corpo incorrupto descansa nunha urna con paredes de cristal na igrexa de San Francisco, en Puebla. Ó Beato galego ténselle unha grande devoción e en México é considerado como o patrón dos conductores.
O CASO MAIS CURIOSO:
O DO AFC LEOPARDS,
UN EQUIPO DE KENYA
Este club naceu en 1964 e chegou a xogar con esta camiseta
ALGÚNS EQUIPOS GALEGOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario