sábado, 10 de septiembre de 2011

HOXE, SÁBADO, CUMPREN ANOS...


Alberto Núñez Feijóo
presidente da Xunta de Galicia


... e José Feliciano
cantante e guitarrista puertorriqueño


 O presidente galego fai 50 anos
e José Feliciano cumpre 66


Unha gran carreira política
Alberto Núñez Feijóo naceu en Os Peares, Ourense, o 10 de setembro de 1961. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe o diploma de directivos da Xunta de Galicia e é funcionario da Administración autonómica, onde ingresou no 1985 como membro do corpo superior da Administración xeral da Xunta.
En xullo de 1991 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e accedeu, tres meses máis tarde, á Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, para desempeñar ata 1996 o cargo de secretario xeral. Desde 1992 a 1996 exerceu o cargo de vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.


Con Mariano Rajoy, presidente do Partido Popular de España

Posteriormente, no ano 1996 e ata o ano 2000, ocupou os cargos de secretario xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidade e Consumo e foi presidente do Insalud.
Entre maio de 2000 e xuño de 2001 exerceu de conselleiro-director xeral da entidade pública empresarial Correos e Telégrafos e, desde xuño de 2001 ata xaneiro de 2003, foi presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos SA.
Accedeu ao cargo de conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003, e foi nomeado vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia o 10 de setembro de 2004.



En outubro de 2003 foi distinguido coa Gran Cruz de Isabel A Católica.
Desde o 18 de abril de 2009 é presidente da Xunta de Galicia.
Alberto Núñez Feijóo cumpre nesta data cincuenta anos.
Feliz aniversario, Señor Presidente!




Un artista de talla internacional
José Montserrate Feliciano García naceu en Lares, Puerto Rico, o 10 de setembro de 1945 e está considerado como un dos máis destacados cantantes a nivel internacional, así como un gran instrumentista de guitarra española.
Cego de nacemento, trasladouse a Nova York cos seus pais e os seus dez irmáns cando tiña cinco anos. Axiña se encariñou coa guitarra, ainda que tamén aprendeu a tocar outros instrumentos, como o violín e o acordeón. Tiña só nove anos cando se presentou como artista no Puerto Rican Theater, en pleno Bronx. Así que, cando deixou a escola, ós dezasete anos, converteuse nun imprescindible no circuito musical do Greenwich Village neoyorquino, onde empezou a combinar os ritmos latinos co rythm & blues.

Disco gravado no Coliseo J.M. Agrelot, de San Juan, Puerto Rico

José Feliciano é o primeiro artista latino que logrou introducirse no mercado da música en inglés, abriendo portas a outros, que agora son parte importante da industria musical americana. Os seus moitos éxitos están na mente de todos. Citalos faría moi extensa esta nota.

O artista ten levado premios en todo o mundo e conta con mais de corenta e cinco discos de ouro e platino, ademáis de oito Grammy. En 1996, foi escolleito para recibir o premio “Lifetime Achievement” (unha vida de éxito) pola revista Billboard e a cidade de Nova York honrouno poñéndolle á Escola Pública 155 de East Harlem o nome de “Escola de Artes Escénicas José Feliciano”. No 2001, recibiu un Doutorado Honorífico en Letras e Humanidades da Universidade do Sagrado Corazón en Fairfield, Con­necticut, pola sua contribución musical e humanitaria ó mundo.

Tres grandes: José Feliciano, Gloria Estefan e Carlos Santana

José comparte a súa vida con Susan dende 1971. En 1988 fueron bendecidos cunha filla, Melissa Anne; en 1991 co seu primeiro fillo, Jonathan José, e no 1995 co seu terceiro fillo, Michael Julian. A familia Feliciano vive nunha casa histórica de máis de 275 anos no condado de Fairfield, en Connecticut. Cando está en casa, que é menos do que lle gostaria, José pasa o tempo facendo música no seu estudo de grabación, disfrutando do beisbol... e exercendo de pai.

        José Feliciano cumpre hoxe sesenta e seis anos. Parabéns, mestre!

No hay comentarios:

Publicar un comentario