GALICIA CELEBRA HOXE O
DIA DAS LETRAS GALEGAS
DEDICADO Ó DRAMATURGO COMPOSTELÁN ROBERTO VIDAL BOLAÑO, PIONEIRO DA DRAMATURXIA
PROFESIONAL EN GALICIA
O DIA EMPEZOU A
CELEBRARSE EN 1963 PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DO LIBRO CANTARES GALLEGOS,
DE ROSALIA DE CASTRO
Dende o ano 1963, Galicia ven celebrando cada 17 de maio o Dia das Letras
Galegas para honrar a cantos teñen destacado como creadores no eido da
literatura no idioma propio do país. Foi unha idea do académico Francisco
Fernández del Riego, que fixo súa a Real Academia Galega, responsable dende entón
de elixir e promocionar cada ano a figura á que se lle adica a xornada, festiva en Galicia.
Don Paco del Riego elixiu a
data do 17 de maio porque foi este dia, no ano 1863, cando saiu do prelo, en
Vigo, a primeira edición dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro, obra
fundamental das nosas letras, que marcaria o inicio do chamado Rexurdimento
cultural galego.
Toda Galicia, tamén a exterior, agás casos moi contados, como o de Puerto Rico, tristemente, celebra con actos culturais de todo tipo o Dia das Letras Galegas, algo que serviu desde o seu comezo para acrecentar a conciencia do noso patrimonio cultural e para que tódolos galegos do mundo esteamos unidos pola nosa cultura.
Este
ano, o Dia está dedicado ó dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, natural de Santiago
de Compostela, cidade onde o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
presidiu hoxe a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia
Galega con motivo do Dia das Letras Galegas adicado ó actor, director e autor
teatral.
Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe no acto co que
o Concello de Santiago conmemorou o Día das Letras, coa descuberta dunha placa
diante da casa familiar de Roberto Vidal Bolaño. Estivo acompañado polos
secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e
Valentín García.
IMAXES DO ACTO
ROBERTO VIDAL
BOLAÑO
Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de
Compostela en 1950. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a
partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as
representacións dramáticas galegas.
Iniciouse no mundo do teatro da man do grupo
Antroido, co que representou as súas primeiras obras. Participou con este grupo
nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), e nelas deuse a coñecer
como dramaturgo e como escenógrafo.
Desde 1978 dedicouse profesionalmente ao teatro.
Foi un dos primeiros directores en participar no teatro institucional pondo en
escena, en colaboración co Centro Dramático Galego, en 1984, a súa obra
“Agasallo de sombras”. Tamén se internou no terreo do audiovisual facendo
guións para Televisión de Galicia e para Televisión Española, como Malos
Tratos, Novo de Parmiude ou Morosos Varios. Llevou á pantalla relatos de Ánxel
Fole (Cara de Lúa) ou de Eduardo Blanco Amor (O Noxo) e participou como actor
en series televisivas, como Mareas Vivas.
No 2001 representou co Centro Dramático Galego
Rosalía, de Ramón Otero Pedrayo. “Teatro de aquí” foi a súa derradeira
compañía. Faleceu en Compostela no 2002.
O recoñecemento artístico de Roberto Vidal Bolaño
non se produciu até os anos noventa, coa obtención de premios como o Rafael
Dieste, o Álvaro Cunqueiro, o Xacobeo 92, o Eixo Atlántico, ou o María
Casares..., converténdose nun dos referentes do teatro galego tanto na súa
faceta de autor como de actor e director.
Influído especialmente por Valle Inclán, as súas
obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, o simbolismo, o
surrealismo e o expresionismo.
Representacións destacadas:
·
Laudamuco, Señor de Ningures (1976)
·
Bailadela da morte ditosa (1980)
·
A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)
·
Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)
·
Caprice des Dieux (1985)
·
Anxeliños. Comedia Satánica (1996)
·
La Lengua de las Mariposas (1999)
·
Mar Revolto (2001)
Obras escritas destacadas:
·
Laudamuco, Señor de Ningures (1976)
·
Bailadela da morte ditosa (1980)
·
Agasallo de Sombras (1992)
·
Días sen Gloria (1992)
·
Saxo Tenor (1993)
·
As Actas Escuras (1994)
·
Rastros (1998)
·
O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar
Ensaio:
·
Perspectivas do Teatro Galego Actual (2002)
Premios honoríficos:
·
Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures.
·
Abrente (1978), Mención Especial (Memorias de Mortos e
Ausentes).
·
Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa
·
O Facho (1977). Mención honorífica con “Xaxara, Paniogas,
Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande
Xigantón".
·
O Facho (1979), Mención honorífica con Ruada das Papas e
do Unto.
·
Medalla de ouro (Premio Ciudad de Valladolid) (1983-1984)
por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
·
Premio Rafael Dieste
·
Premio Álvaro Cunqueiro
·
Premio Xacobeo (1992)
·
Premio Eixo Atlántico
·
Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en
galego)
“O DIA” ATA HOXE
·
1965 - Eduardo Pondal
·
1966 - Francisco Añón
·
1976 - Ramón Cabanillas
·
1979 - Manuel Antonio
·
1981 - Vicente Risco
·
1990 - Luis Pimentel
·
1991 - Álvaro Cunqueiro
·
1994 - Luis Seoane
·
1995 - Rafael Dieste
·
1997 - Ánxel Fole
·
1998 - Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
·
2000 - Manuel Murguía
·
2001 - Eladio Rodríguez
·
2005 - Lorenzo Varela
·
2007 - María Mariño
·
2010 - Uxío Novoneyra
·
2011 - Lois Pereiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario