sábado, 21 de abril de 2012

FESTAS PATRONAIS DE BURIA, CAMARIÑAS


      A actual parroquia de San Xurxo de Camariñas, da Diócese de Santiago, chamábase antes San Xurxo de Buria cando pertencia á lonxana Diócese de Mondoñedo e Camariñas non eran mais que catro casiñas brancas que se espellaban nas augas do mar, como di a habaneira. Daquela chegáballe coa capela do Carme, levantada fronte ó Cuartel de Abaixo, hoxe desaparecido.

      Estas festas tiñan personalidade propia e números moi seus, como a anual rifa dun carneiro. Se podian contratala, endexamais faltaba a xa famosa Orquestra Paris, cando cantaba o gran Constantino Pego, coñecido en Camariñas como O Nejro e no resto de Galicia como O Xitano. Tampouco podía faltar a célebre Agrupación Arrabal, de Carnés, mais coñecida entre nós como Os Casolos, que ten tocado grandes concertos de gaita, tambor e bombo para as vacas dalgún labrego forte da aldea, que pensaba con toda razón que os animais tamen tiñan o seu dereito, ainda que non estiveran na India. Eran outros tempos.

      Daquela, polo que levamos dito, a festa do patrón era a festa propia da aldea de Buria e por eles foi organizada sempre no seu propio recinto festeiro, a carón da igrexa nova, que mandou levantar un ilustre buriense do lugar do Cotro, Domingo Antonio Rodriguez  Canosa. A anterior estaba na Grixa (Grixa ven de igrexa). Eso sí, os da vila sempre tivemos a gala non faltarlle ós nosos benqueridos veciños de Buria, polo que cruzabamos ledos O Areal, cando era unha gran leira de millo, para botar unhas pezas ó agarrado, marearnos un pouco nos botiños ou nas voadoras e, en suma, celebrar o noso San Xurxo.


MOITAS FELICIDADES A TODOS


2 comentarios:

  1. Hola Xosé Luis...simplemente quería deixarche este pequeno traballo (con moito estudo detrás) por si non o viras...Seguramente tí podes aber algo ou moito...saúdos á familia

    http://camarinasdirecto.blogspot.com.es/2011/02/raices-de-camarinas-por-america.html

    ResponderEliminar
  2. Certamente,é un traballo extraordinario, amigo Mikel, digno de ti.
    O meu ovo,por liña materna fora veciño dese tal Domingo Antonio, e, a miña nai o morrer, deixou moitos documentos antiguos de testamentos, partixas, etc,... e un moi curioso, de moitas follas, que fala de cousas daqueles tempos, Este documento, moi dificil de ler está moi deteriorado), DATA DO 1766. A nosa igrxa, inaugurouse no 1773, osea, oito anos despois desos papeles que teño eu.
    Intentarei descifralos con moita calma e pacencia, pois, como che digo, están moi deteriorados, pero falan desos tempos,cando seguramente estivera en plena tarefa de construción da nosa igrexa.
    Un aparte, amigo
    Se saco algo en limpo, xa cho momentarei.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar