lunes, 9 de abril de 2012

NO DIA DA NOSA PATRONA

Rubén de Luís


CADROS E POEMAS
PARA CAMARIÑAS


Reyes


A VIRXE DO MONTE

Antonio Puertas


A nosa Virxe do Monte
ten a casiña pequena,
con catro santos de pau,
e catro esquinas de pedra.

Anda sobre a marusía,
pois é boa mariñeira;
a Barca agarda en Muxía
á que lle amañen a vea.

Inda hoxe están enleados
remendando chafulleiros,
e a Nai co Fillo encantados,
paseando polos rueiros.


Antonio Feijóo


SEMPRE CAMARIÑAS

Antonio Puertas


Camariñas, miña terra,
moito me fas recordar
meus amoriños deixados
pola beiriña do mar.

Meus amoriños de neno
nos que sempre hei soñar,
meus irmanciños queridos,
meus amigos e o meu lar.

Alí quedaron meus soños
soterrados xunto o mar
remexidos entre area
que loito por destoucar.



Julio Quesada


Alí quedaron veciños,
alí deixei meu fogar,
alí as miñas lembranzas
esganadas no lugar.

Alí vivía o Carteiro,
alí, Felisa Corral,
Modesto do Zapateiro,
Isolina e os meus pais.

Os de Vigo e o Cubano,
a Tantola e mais Carmucha,
Marta i Elena Furoco,
cos de Nito e mais Bautista.

Os Pardiñas e mais Braulio,
o tío Pepe do Goriño,
os de Pose e os do Nacho,
os Campaña e mailo Chinto.



L. Mira


Imaxe que te vas de min,
imaxe que morres ó terte,
meus olliños están cegos,
ceguiños por ir a verte.

Aquelas caras de sempre,
aquelas voces perdidas,
lembranzas que afogan no mar,
que non as dou por perdidas.

Mil camiños teño andado,
mil historias hei vivido,
tan so un amor hei deixado:
Camariñas, meu querido.


Antonio Heredero


CASIÑAS BLANCAS
(Camariñas da alma)

Xosé-Luís Blanco Campaña

Casiñas blancas
que se espellan nas augas do mar
fermosa ria
da que un dia marchei navegar.

Así é a vila
na que sempre me poño a pensar
Camariñas da alma
con esta habaneira quéroche cantar.

Quixera ser
como aquela andoriña
que me veu nacer
e voar onda ti
para volver
pola Virxe do Monte, meu ben,
a falarche baixiño, amor,
deste amor que por ti soñei.


Jorge E. Sarmiento


CABO VILLANO

Reyes

Poco te amaba y mal te conocía
quien te puso Villano en su ignorancia,
por rencor, por envidia o arrogancia,
un mote vil que tú no merecías.

Te atacan sin piedad los elementos
y aguantas a pie firme sus embates,
estoico ganador de mil combates,
cegado por la espuma y por los vientos.

El viento escupe espumas en su grito
que azotan sin piedad tus rocas rotas,
y lanza una hojarasca de gaviotas
contra tu dura frente de granito.

Vuelo con la gaviota cuando bate
sus alas en impulso migratorio,
y bordea tu abrupto promontorio,
siempre enrocado y siempre en jaque mate.



Marta Moro

 Hundido en tu naufragio sempiterno
emerges de unas aguas tenebrosas,
asomando entre ráfagas furiosas
desde las negras fauces del infierno.

Entre tus piedras gimen mil plegarias
de náufragos de ayer, almas errantes
que afrontaron sus últimos instantes
al calor de tus piedras milenarias.

El mar te envuelve en babas envidiosas
y se infiltra tenaz en tus cimientos,
¿logrará con sus golpes tan violentos
sumergirte en sus aguas procelosas?


Telesforo Zabala

 Quijote de los mares espumantes
en tu lucha final contra el destino,
¿cómo vas a enfrentarte a tus molinos
siendo tú solo y ellos tan gigantes?

Siglos, viento y mareas, Gran Villano,
lanzarán contra ti sus viejas sañas,
carcomiendo voraces tus entrañas,
roerán tu granito, grano a grano.

Mas yo no lo veré, ni verlo quiero,
porque en sueños te veo siempre altivo,
siempre enfrentado al mar embravecido,
siempre, Villano, grande, noble y fiero.


(Publicada en “Aires galegos, foro internacional de poesía”)


Navarro Costa



¡FELIZ ROMARIA!


Reyes


Miña Virxiña do Monte
que ós mariñeiros sempre vixilas
non permitades que morra
lonxe da terra, da terra miña


Telesforo Zabala

No hay comentarios:

Publicar un comentario