jueves, 4 de agosto de 2011

VIPS GALEGOS NOS ESTADOS UNIDOS


O ACTOR GALEGO
NORTEAMERICANO
MARTIN SHEEN
CUMPRIU 71 ANOS


         Se lles decimos que onte, 3 de agosto, cumpriu 71 anos Ramón Xerardo Antonio Estévez, nado nesta mesma data do 1940 en Dayton (Ohio), seguramente non se decatarán de que estamos a falar do popular actor norteamericano MARTIN SHEEN. Pero así é. Eses son os seus nomes e o seu apelido, herdado do seu pai, Francisco Estévez, natural de Parderrubias, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas.
Co seu fillo, Emilio, diante da catedral de Santiago

O pai de Martin Sheen, nome artístico de Ramón Estévez, emigrou con dezaseis anos ós Estados Unidos, mais daquela, en 1914, habia cupos para españois e non pudo entrar. Viviu entón tres anos en Cuba, ata que, via Miami, facéndose pasar por cubano -segundo ten contado o seu famoso fillo-, logrou o que hoxe seria a visa. Andando o tempo, xa nos USA, casou con Mary Anne Phelan, unha irlandesa nada en Tipperary, católica coma el, coa que tivo nada menos que dez fillos. Martin é o séptimo deles.

Á súa vez, do seu matrimonio con Janet Templeton, o gran actor ten catro fillos: o director e guionista Emilio Estévez, co que fixo recentemente a película The way sobre o Camiño de Santiago, e os actores Charlie Sheen (o que sai tanto nos medios, sí), Ramón Estévez e Renée Estévez.

Co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

O prestixioso actor norteamericano ten, xa que logo, orixe galega e irlandesa. Como é sabido, desque recreou a figura do Capitán Willard en Apocalypse Now é unha das figuras consagradas do cine e o mundo da interpretación en xeral. Para outros pode ser aquel presidente norteamericano que bordou na serie televisiva El ala oeste de la Casa Blanca, ou calqueira dos moitos papeis que interpretou.

Co cartel de The way na capital de Galicia

Curiosamente, hai dous anos, Martin Sheen tivo ocasión de celebrar o seu 69 aniversario en Santiago de Compostela, onde asistiu na catedral á Misa do Peregrino. Daquela dixo cousas tan fermosas como que “son un galego no meu corazón; estou no meu pais, na miña casa”.

E para o seu pai, aquel galego que cruzou o mar en percura dunha vida mellor e lles falaba tódalas noites de Galicia e da familia que deixara na aldea, tivo fermosas verbas: “meu pai –dixo- sempre foi un heroi para min”.

Que cumpras moitos mais, Ramón. Ou Martin.

¡Happy birthay!





*   *   *   *   *    *   *   *    *   *   *

Escríbenos
Debaixo de cada entrada
verás que pon “comentarios”
ou "publicar un comentario".
Pincha enriba
e cóntanos cousas.
Dinos onde estás.
Opina e comparte.
Indícanos temas e persoas.

Tamén podes escribirnos a
galiciaenpuertorico@gmail.com

Fai chegar este blog
a tódolos galegos
de Puerto Rico,
dos Estados Unidos
e alá onde estean.
Tamén ós amigos de Galicia.
Ou danos os seus e-mail.
Graciñas.
¡Terra a Nosa!

1 comentario:

  1. Su colaboracion es importante para Galicia en Puerto Rico. Le agradecemos que invite a sus amigos a entrar en el blog. Gracias.

    ResponderEliminar